Saturday 04 de May de 2024

Dez para Hugo, Pilar e Rubén no X Trofeo de Laracha de Tiro con Arco


 

Grande actuación dos ordenses Hugo Fandiño Candal, Pilar Candal Brandariz e Rubén Pérez Lagares, que participaron no X Trofeo Concello de Laracha de Tiro con Arco disputado recentemente. Cada un deles acadou a primeira posición nas súas respectivas categorías, a de esquío, novel e infantil respectivamente. Á espera están xa da súa próxima cita competitiva, a cal terá lugar en Vimianzo o vindeiro día 11.